dia | Últimas noticias

17/06/2011 - Unha excelente noticia: o Parlamento aprobou a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutricional
Unha excelente noticia: o Parlamento aprobou a Lei de Seguridade Alimentaria e Nutricional, coa que se intenta actuar ante o que xa é considerado polos expertos en saúde pública como un grave problema. Os índices de obesidade infantil nos nenos e nenas de hoxe supoñen que, por primeira vez en tres xeracións, teñen unha esperanza de vida inferior á dos seus pais e á dos seus avós. É dicir que se inverte a tendencia de calidade de vida e de saúde pública. E iso é debido á deficiente alimentación e nutrición infantil, na que abunda a inxestión de graxas de orixe animal, sal, azucre... tan presentes na bolería industrial, nas lambetadas e nos refrescos. Avanzar na calidade da alimentación e a nutrición supón incrementar o consumo de froitas frescas, de zumes naturais, de auga, acoutar nos centros educativos o espazo alimentario dotándoo de calidade e de saúde. Sobre este asunto poderás informarte mellor na obra Alimentación sa, de Nova Galicia.
retroceder Volver al listado
gal
Categoría ArtistasCategoría Arte e CulturaCategoría EducativosCategoría ContosCategoría LiteraturaCategoría Otros
Otros idiomas:
Avda. Ricardo Mella 143. Nave 3 - 36330 VIGO - ESPAÑA
Tel. +34 986 462111 - Fax. +34 986 462118 -
e-mail: web@novagalicia.com
AVISO LEGAL  -   LOPD   -   LSSI