dia | Últimas noticias

01/07/2011 - Os nativos dixitais
Os chamados "nativos dixitais" -aqueles que naceron e creceron coas novas tecnoloxías ao seu alcance- son os protagonistas do primeiro exame realizado sobre a lectura dixital do Informe Pisa, dependente da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE). Son luces e sombras as que emite ese informe realizado sobre poboación de 15 anos, e no que destaca o feito de que ser nativo "on line" non garante competencia no uso eficiente das novas tecnoloxías: en definitiva que os adolescentes poden saber descargar un video xogo, ou piratear unha película, pero non ter a destreza necesaria para adquirir información e transformala en coñecemento. Ou o que é o mesmo: que os adolescentes usan as novas tecnoloxías ao seu alcance para moitas cousas pero non teñen as habilidades necesarias para avaliar a credibilidade das fontes de información ás que acceden. En Nova Galicia estamos a traballar en novas propostas de libro dixital interactivo que axude a mellorar esa situación. Pronto vos daremos máis información.
retroceder Volver al listado
gal
Categoría ArtistasCategoría Arte e CulturaCategoría EducativosCategoría ContosCategoría LiteraturaCategoría Otros
Otros idiomas:
Avda. Ricardo Mella 143. Nave 3 - 36330 VIGO - ESPAÑA
Tel. +34 986 462111 - Fax. +34 986 462118 -
e-mail: web@novagalicia.com
AVISO LEGAL  -   LOPD   -   LSSI