25 metros de altura, 30.000 libros escritos en ducias de idiomas que recollen a diversidade lingüÃÂstica e cultural que move o mundo, máis de 25.000 autores, 50 paÃÂses representados, movemento envolvente en espiral: é a Torre de Babel que se inaugurou en Bos Aires esta mesma semana, obra da escultora arxentina Marta MinujÃÂn. A artista ideou unha instalación efémera, realizada con todos eses libros que poden ser vistos dende o interior, accedendo por unha estrutura de plataformas que van alzándose ata o cumio. Unha vez que sexa desmantelada a obra, o próximo 28 de maio, da Praza de San MartÃÂn, cada persoa que o desexe poderá levarse un deses libros, sendo o resto destinado aos fondos da primeira biblioteca multicultural e multilingüÃÂstica da República de Arxentina, instalada no centro da cidade porteña. E alàestán tamén libros escritos e editados en galego e en Galicia, entre os que obviamente non podÃÂan faltar varios tÃÂtulos de Nova Galicia Edicións, procedentes da recentemente celebrada Feira do Libro de Bos Aires. |